http://www.youtube.com/watch?v=x_zwJseBflI
Debido o gran éxito que parace ter últimamente o blog, porque non volvelo a por a funcionar.
Así que fagamos unha recopilación destes últimos meses:
- Publicación do libro .
-Exposicións dos nosos traxes por toda Galicia, en Santurce, en no museo do traxe de Viana do Castelo. Neste momento a exposición está en Porto do Son.
- Actuacións por Galicia, en Viana do Castelo, Santurce e no teatro Filarmonía de Oviedo.
- Continuas referencias de Ximiela nos periódicos autonómicos.
- ... e máis cousas, pero o mellor de todo foi estar xuntos como ata agora.
E un ano máis voltamos a Cee, xa non queda nada, foi o outro día cando Pablo dixo que quedaba 6 ensaios e estamos a 2 do 1 de maio. Así que nenas a dalo todo como sempre, porque nos momentos difíciles é cando máis lucimos, ademáis temos uns traxes divinos para estrear.
Voltamos a empezar!!!
Perdón pola tardanza, e menos mal que participades que non era sen tempo.
A renovación non podía ser doutro xeito que dandolles as felicidades aos novios e desexandolles o mellor do mundo.
Podería contarvos que todo xurdiu cando Pablo rescatou a Mayo dunha alta torre ou nunha festa glamurosa de Holliwood ou inclusive no Carrefour, pero estaríavos mentindo. Soamente eles o saben e xa aburrirán aos seus netos contándollo. Soamente lembrar a frase máis escoitada daquel 6 de setembro " Que vivan los novios".
Pero tranquilos teño máis noticias que contarvos:
- O martes 23 de setembro inagurarase a exposición do traxe galego organizada polo grupo na capilla de San Xosé en Muros. Nela exporanse recreacións e pezas antigas de diferentes vestimentas de varias comarcas galegas e sempre facendo unha mención especial o traxe de muradana. É a segunda vez que realizamos este tipo de evento e esperamos ter o mesmo éxito que tivemos na primeira volta.
- Estamos a espera tamén da presentación do libro que se fará nos próximos dias pero aínda non contamos cunha data concreta.
- Temos un pequeno ensaio o venres 19 de setembro ás 8.30 do serán. E recordarvos tamén que o 4 de outubro como ben dixo o profe nun comentario empezan as clases, esparamos a asistencia de todas e ganas de traballar.
A ver quen é a próxima en casarse e se non facemos bote para darnos outro paseo glamuroso por Coruña.
Por petición popular (mais ben particular) renovamos este blog, a intención e que participedes todos senón paso de renovacións.
Este sábado terá lugar o noso XX festival folclórico que terá lugar no pinal de San Francisco (Louro ) as 8 do serán. A programación aínda non está determinada.
Intentaremos que non se faga pesado e que nos luzamos os máximo posible.
Ademáis desta actuación o dia anterior, viernes 25, plateamos unha opción diferente a turistas e naturales, un plan diferente ás abrumadoras avalanchas de trafico e xente na capital galega, outro tipo de diversión máis enxebre, máis familar e acolledora que mil cincocentas horas esperando a coller sitio para ver os fogos artificias.Sí, temos outra alternativa: boa música, ganas de bailar e comida e bebida a fartar. Festa da empanada con serán amenizado por Ximiela e máis tarde a actuación de Pablo Seoane no campo da festa de Louro.
A 75km(mais ou menos) de Compostela hai un lugariño na costa que está en festas , outro xeito máis de pasalo ben o verán.
FIRMADE!!!!!!
Esta foto é da última actuación que tivemos en Lira. Anque o tempo non nos axudou.
Somos a Agrupación Folclórica Ximiela pertencemos a Louro do concello de Muros (A Coruña).
Este grupo naceu en 1988 na APA do colexio de Louro para intentar recuperar as nosas tradicións entre os xoves do pobo e así aprender a valorar un tesouro tan fermoso como é o noso pasado.
Esta agrupación está formada por varios grupos de baile, pandereteiras e gaitas nos que se mestura xente de todas as idades, é decir, desde os 3 aniños ata que o corpo aguante.
Ademáis, adicámonos a un investigar sobre o traxe galego, así como as súas variacións nas diferentes comarcas da nosa terra. Anque facemos especial fincapé no traxe da nosa zona: o de muradana.
Nestes 20 anos de traballo continuo, das diferentes etapas que vivimos, boas e malas, e a búsqueda dunha evolución positiva, realizamos variedade de actuacións, tanto en Galicia como no resto da penísula, por exemplo: Madrid, Barcelona, Portugal...
Tamén participamos en programas televisivos autonómicos e nacionais.
Sen dúbida, un dos nosos grandes logros foi conseguir o noso primero disco e poñelo a venta. Outro dos nosos ambiciosos proxectos é a publicación do libro que se estamos a elaborar sobre o traxe galego.
Sen máis dilacións, presentámovos este blog, esperemos que cumpla as vosas e as nosas expectativas e sobre todo participade.
Saúdos